Déixovos a continuación os vídeos da frauta que tedes que estudar para o exame da 1ª avaliación. A por eles!!!💪👍
VÍDEOS PARA 3º
Deixo dous vídeos con diferentes velocidades. Se a algún nen@, despois de practicar, non lle sae o vídeo a velocidade normal que o faga a velocidade lenta. É mellor despacio e ben que rápido pero con moitos erros.
"California" (ritmo normal)
"California" (ritmo lento)
VÍDEOS PARA 4º e 5º
Explicación da dixitación da frauta de "Jingle Bells"
"Jingle Bells" para 4º
(Se algún nen@ se anima e lle sae moi ben o seu vídeo, pode intentar facela ao ritmo dos do 5º)
"Jingle Bells para 5º"
(Se algún nen@ se anima e lle sae moi ben este vídeo, pode intentar facer tamén o que está debaixo)
"Jingle Bells" rápido (só para os que quieran intentalo).
VÍDEOS PARA 6º
"Burrito Sabanero" (velocidade orixinal)
"Burrito Sabanero" - lento (para os que non consigan tocalo á velocidade orixinal)
WOLFGANG AMADEUS MOZARTeLUDWIG VAN BEETHOVENson dous dos compositores máis importantes da historia. A continuación, déixovos uns vídeos para que saibades máis sobre a súa vida e as súas obras . Estade ben atentos para facer despois as actividades de abaixo.
Queda pouco para que remate o curso e xa sei que estades cansiñ@s pero tedes que facer un último esforzo para despois poder disfrutar ben do verán. Así que a por elo!!!💪
Aquí tedes os vídeos que ensaiamos na clase para que os practiquedes un pouquiño. Ánimo!
Aquí tedes os vídeos para ensaiar o exame práctico da segunda avaliación.
Coas veces que os fixemos na clase e cun pouquiño de ensaio na casa, seguro que vos vai saír de marabilla, así que a por elo!!!!💪💪💪💪
Vídeo de 3º
Vídeo de 4º e 5º
Vídeo de 6º
NOTA. Tal e como falamos na clase, déixovos dúas versións, a orixinal e unha máis lenta. Recordade que é preferible facer a lenta ben que a rápida mal e tamén recordade que cando saia este icono:
é mellor que o cambiedes por estoutro para que vos sexa máis doado😉.
Aquí tedes os vídeos para practicar o exame práctico da primeira avaliación de música. Este exame consistirá en facer un acompañamento con percusión corporal para a canción "Marcha Radetzky", de J. Strauss. Na clase xa o aprendimos tod@s xunt@s, agora só tedes que practicalo un pouco na casa para que vos saia xenial. Ánimo!!